Wednesday 08 de May de 2024

Cabanas abre a convocatoria para crear unha bolsa de emprego para persoal de limpeza


O prazo de presentación de solicitudes remata o día 1 de marzo

O BOP recolle hoxe o anuncio do Concello de Cabanas coas bases da convocatoria para a constitución dunha bolsa de emprego para posíbeis contratacións como persoal de limpeza de edificios municipais.

As persoas interesadas dispoñen de prazo para presentar as correspondentes solicitudes desde este xoves, 23 de febreiro, até o próximo 1 de marzo.